Mosca
Ártika Cía.

Mosca é un xogo de nenos, algo que se pode converter nun pesadelo. A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pedro vese reflectido nos ollos de súa nai, de seu pai e da súa profesora en calquera instante da peza.
Anguriante e intensa, Mosca somérxese na vida dun neno e no que el sente sufrindo bullying, pero tamén no temor, nos prexuízos e no non saber que facer e como pode solucionalo o contorno no que se desenvolve Pedro.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
- Adulto
- Teatro
- 60 minutos
- Autoría Gustavo del Río
- Dirección Gustavo del Río
- Adaptación Gustavo del Río
- Escenografía Gustavo Brito
- Iluminación Javier Quintana
- Espazo sonoro Gustavo del Río
-
Vestiario
Ártika Cía.
Gustavo del Río -
Elenco
Fernanda Barrio Barcala
Martín Maez
Rocío Salgado
A compañía
Ártika Cía. é a compañía residente e xestora da Sala Ártika en Vigo, onde, a través do teatro, damos saída ás inquedanzas artísticas do equipo humano que a compón.
Dende o noso nacemento como compañía de teatro, levamos a cabo propostas escénicas comprometidas socialmente coa educación en valores e a cultura en galego. Queremos reivindicar o teatro como fonte de entretemento, producindo espectáculos enfocados a diferentes franxas de idade e que se caracterizan por unha posta en escena espectacular e emocional ao mesmo tempo.