Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Sofá

Marta Alonso Tejada Cía.

Salón Teatro

Sofá é unha sitcom de danza con teatro, circo e música en directo.

Marta e Pablo coñecéronse bailando e xa non teñen tempo para facelo porque traballan moito. Son dous fervellos e a parella que menos usa o sofá. Non son capaces de parar. Cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo un espectáculo no que bailen cun sofá. Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas ou descansar. Pero non logran comezar o espectáculo. Calquera interrupción é un bo motivo para seguir nun bucle cara a adiante. Porque parar supón enfrontarse a unha mesma e abrazar a incerteza, o baleiro. Parar para empezar o espectáculo, acabar para comezar.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Coproduce Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Colaboran o Concello de Outes e o Concello de Rianxo. Co apoio de Danza Alfaia, Galicia Danza Contemporánea e Determinada Co. 

  • Adulto
  • Danza, comedia, teatro, circo
  • 70 minutos
  • Creación e interpretación Marta Alonso
    Pablo Reboleiro
  • Dirección Marcos PTT
  • Movemento e coreografía Cía. Sharon Fridman
    (Melania Olcina Yuguero e Arthur Bernard Bazin)
  • Dramaturxia e guión Marta Alonso
    Daniel D. García
    Marcos Petete
    Pablo Reboleiro Rama
    Déborah Vukušić
  • Coordinación de guión Daniel D. García
  • Espazo sonoro Mounqup
    Pablo Reboleiro
  • Realización de escenografía Jose Perozo
    Sandra Camalea
  • Estilismo Paula Quintas
  • Iluminación Ángel Sousa
  • Attrezzo Carlota Mosquera
  • Audiovisuais Sabela Eiriz
    Carlota Mosquera

A compañía

A danza, o humor, a mestura de linguaxes escénicas que se achegan ao teatro e ao circo, a interacción co público e a proximidade xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotián, do natural e do común, que se comparte na escena.

Marta Alonso Tejada estrea a peza Bailar agora en 2020. Este traballo recibe o premio a mellor espectáculo de Las Noches del CCAI, FETEN 2022; premios María Casares a mellor actriz principal, a mellor iluminación e mellor dirección en 2021; MIT Ribadavia 2021; 3.º premio do público a mellor espectáculo Fetega 2021.

Sofá (2023), Dancin´Queen (2021) e Discoteca de señoras (2021) son outros traballos da compañía.

Contratación

Lilian Portela - AMARELO Distribución Escénica
610 106 808
lilian@amarelo.es
www.amarelo.es