Solo
Roi Borrallas

Solo é un espectáculo onde se combinan monicreques, manipulación de obxectos, máscaras e, sobre todo, comicidade. Un espectáculo onde a cuarta parede está representada por un marco de espello que separa o artista da audiencia, a través do cal poderán ver este personaxe dar renda solta á súa imaxinación.
Coreografías faciais, máscaras con escuma de afeitar, óperas épicas... son algunhas das ferramentas que utiliza esta peza para, a través do humor, falar da soidade e das máscaras que todos poñemos a diario.
- Familiar
- Clown, monicreques, teatro con obxectos
- 45 minutos
- Autoría Roi Borrallas
- Dirección Joan Cot
- Escenografía Mina Trapp
- Iluminación Joan Cot
- Son Joan Cot
- Vestiario Piti Demore
- Acompañamento artístico Toti Toronell
- Distribución para Galicia Kandengue Arts
- Elenco Roi Borrallas
A compañía
Roi Borrallas comeza a facer teatro con 15 anos e con 21 debuta como pallaso nun circo tradicional. Alí coñece xente e aprende cousas. Cousas de circo, basicamente. Con esa xente e eses coñecementos crea varios espectáculos. Gana algúns premios, viaxa a algúns festivais, traballa nalgún circo, dirixe algo, toca algún instrumento, coñece máis xente e aprende máis cousas. Cousas de pallaso, basicamente.