A nai
Amorodio Teatro

A nai é un espectáculo teatral multidisciplinario que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e das súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.
Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente, e material de construción para o futuro, trazaremos relacións entre a vida e obra das irmás e as nosas propias vidas, tratando de establecer un paradigma de acción ética que abra unha vía para construír unha sociedade mellor.
Recibiu o premio Luísa Villalta para proxectos en igualdade da Deputación da Coruña.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Colaboran os concellos de Ribadavia, Rianxo, Caldas de Reis e Santiago de Compostela, e Confitería SILA e Viña Costeira
- Adulto
- Teatro documento, autoficción, comedia
- 100 minutos
- Autoría Laura Porto
- Dirección Marián Bañobre
- Escenografía As Dúas e Punto
- Iluminación Violeta Martínez
- Vestiario Raquel Crespo
- Audiovisuais Einibo
- Grafismos Xoán Bregoa
-
Elenco
Javier Castiñeira
Carmen Facorro
Raquel Velasco
A compañía
Amorodio Teatro é unha compañía emerxente galega composta por Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco. Estas tres intérpretes unen os seus camiños na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde as inquedanzas sociais da súa xeración as levan a conformar esta sinerxía teatral.
Amorodio é unha contradición en si mesma. Sempre lle damos valor ao de fóra, mentres desprestixiamos o de dentro. Nós pretendemos cambiar este sentimento para, antes de sentir a morriña, poder darnos o valor que a historia non nos deixou representar. Somos moito máis ca unha paisaxe, unha boa enchenta ou unha verbena. Pero, quen somos realmente?