Bionic
La Guajira

Bionic é un encontro poético entre disciplinas, onde luz, son e movemento comparten universos. Inspirada na simbiose entre o biolóxico e o artificial, reflexiona sobre como a tecnoloxía nos seduce para mellorar as nosas vidas, sen quebrantar a capacidade humana de sentir. O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse ante o inminente paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades. Nunha era onde a ciencia e a tecnoloxía poidan axudar a cubrir o deterioro físico ou mental, en defensa da perfección, como de afectado quedaría aquilo que nos identifica como humanos?
- Adulto
- Danza contemporánea
- 50 minutos
-
Autoría
Armando Martén
Ana Beatriz Pérez -
Dirección
Armando Martén
Ana Beatriz Pérez - Espazo sonoro Ismael Berdei
- Iluminación Octavio Mas
- Espazo escénico Suso Montero
-
Vestiario
Ruth D. Pereira
Santos Salgado
-
Voces en off
Rocío González
Xosé Barato - Ollo externo Rut Balbís
- Fotografía e vídeo promo Raquel Castro
-
Elenco
Ana Beatriz Pérez
Armando Martén
Ismael Berdei
A compañía
Somos Ana Beatriz Pérez ‘Betty’ e Armando Martén Caballero, creadores, coreógrafos, bailaríns de orixe cubana, pero coruñeses de acollida. Levamos 20 anos realizando o noso traballo artístico vinculado ao contexto galego, tanto no campo da formación como no da creación, especialmente vinculados á compañía Entremans.
La Guajira nace dentro do espazo de creación da peza Bionic. Aínda que danza e música vaian da man, non é tan común que unha compañía de danza teña como integrante un músico no propio núcleo. O método de traballo e a sintonía á hora de crear as nosas últimas pezas serviron de ensaio para poder ensamblar este novo proxecto. La Guajira é o punto de encontro entre estas dúas disciplinas, a música e a danza, irmandadas nun eixo común. O seu nome evoca un aroma insular, un ambiente familiar, amable, un terreo de libre creación, un roteiro cara á exploración e a aprendizaxe comúns. Un espazo que alberga verde na mirada.