Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Hamelin

Redrum Teatro

Vanessa Rábade
Salón Teatro

"Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música". A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer os seus nenos é como moitas cidades do noso mundo.

Mayorga aborda o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Adulto
  • Teatro
  • 90 minutos
  • Autoría Juan Mayorga
  • Dirección Alex Sampayo
  • Tradución Alex Sampayo
  • Escenografía Redrum Teatro
  • Iluminación Carlos Álvarez-Ossorio
  • Axudante de dirección Laura Míguez
  • Música Fernando Epelde
  • Elenco Machi Salgado
    Guillermo Carbajo
    Belén Constenla
    Fran Lareu
    Mónica García
    Roberto Leal
    Rubén Porto

A compañía

Redrum Teatro somos unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e edición de libros constituída no ano 2009. Dende a nosa fundación non paramos de producir espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado concepto estético e artístico como selo persoal da compañía. Hamelin é a nosa décimo sexta montaxe teatral.

Contratación

Guillermo Carbajo
617 334 627
redrumteatro@gmail.com
www.redrumteatro.com