Outrora nós
Mevadeus

Catro mozos fan unha viaxe entre pasado e presente coa intención de saber quen seriamos nós antes de nós.
Nun contexto onde a violencia contra o colectivo LGTBIQ+ e as mulleres pon en dúbida os nosos dereitos, os relatos das persoas que viviron nas marxes deben poñerse no foco.
O amor e a tradición son o fío condutor desta peza que se pregunta como o desexo de amar e ser amados nos forma, nos conforma ou nos deforma. Unha mocidade que se atopa para atopar respostas sobre a identidade, tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van, co desexo de evitaren os erros dun pasado que aínda nos pertence.
Outrora nós é a evolución da obra ganadora do Xuventude Crea 2021, Agro 5G. Ganou o terceiro premio ao espectáculo mellor valorado polo público na programación de Vigocultura 2022.
- Adulto
- Teatro
- 60 minutos
-
Autoría
Mevadeus
Alba Villar - Dirección Alba Villar
- Escenografía As Dúas e Punto (Carmen Casal e María Torres)
- Iluminación As Dúas e Punto (Carmen Casal e María Torres)
- Son As Dúas e Punto (Carmen Casal e María Torres)
- Vestiario As Dúas e Punto (Carmen Casal e María Torres)
- Música Mevadeus
-
Elenco
Mara Neira
Inés Santos
Bal Castro
Brais Pombo
A compañía
Mevadeus nace pola necesidade de catro profesionais da interpretación que, tras formárense na ESAD de Galicia, deciden continuar investigando as artes do corpo e o teatro físico.
A compañía busca en profundidade a natureza humana mediante a experimentación dos corpos e o espazo sonoro, utilizando instrumentos propios do folclore galego, a voz e gravacións documentais, tratando temáticas nas que se vexan reflectidas as preocupacións da súa xeración, a xeración Z, e creando un teatro que busca o íntimo, que conecta todas as persoas a través dun discurso propio, honesto e reivindicativo. Mevadeus está formado por Bal Castro, Inés Santos, Brais Pombo e Mara Neira.
Contratación
610 106 808
lilian@amarelo.es
www.amarelo.es / www.mevadeus.com