Arraianos
Sarabela Teatro

Arraianos é unha suma de relatos que estremecen e fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Historias de meigas, contrabando, caciquismo e agrarismo.
Cunha beleza inmensa e evocadora, Ferrín consegue reconciliarnos coa maxia da súa delirante maneira de describir o mundo. É na Raia Seca, mundo mítico, creado polo autor, onde viven personaxes posuídos polo pasado, polas paixóns, polo poder das supersticións e dos mitos. Ao redor dunha icona territorial, o monte Penagache. Na fronteira, liña invisible entre a Galicia interior e o norte de Portugal; onde se funden a realidade e a ficción; a vida e a morte. No límite da fantasía.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
- Todos os públicos
- Teatro
- 70 minutos
- Autoría X. L. Méndez Ferrín
- Dirección Ánxeles Cuña Bóveda
-
Adaptación
Ánxeles Cuña Bóveda
Fernando Dacosta
- Escenografía Baltasar Patiño
- Iluminación Baltasar Patiño
-
Son
Vadzim Yuknevich
Renata Codda Fons
-
Vestiario
Sarabela
Tegra V. Carpentier
Lele Álvarez - Dramaturxia do movemento Rut Balbís
- Máscaras e imaxes Iris Branco
- Distribución Culturactiva
-
Elenco
Elena Seijo
Fernando Dacosta
Vadzim Yuknevich
Fran Lareu
Fernando González
Sabela Gago
Fina Calleja
A compañía
Sarabela é unha compañía de creación, formación e organización de festivais. Defende un teatro de repertorio, de acción, emoción, experiencia poética e comunitaria. O seu proxecto soubo atraer e fidelizar o público con propostas que van desde autores clásicos e contemporáneos ata adaptacións que se achegan ás novas linguaxes.
Nos seus 42 anos, Sarabela foi construíndo un equipo sólido, unha experiencia teatral ateigada de propostas recoñecidas con máis de 60 premios. Propón un teatro vivo, con equipos artísticos potentes e interlocutoras leais, espectadores que son a súa razón de existir e están ávidos por compartir paisaxes emocionantes, como unha necesidade imperiosa de nutrir a vida.
Contratación
629 860 580
fina.calleja@gmail.com
www.sarabelateatro.com Érica Pereiro
622 434 488
info@culturactiva.org
www.culturactiva.org