Ir ao contido da páxina
  1. Programación

In-gobernable

Uxía Morán

Teatro Principal

Cantas veces quixeches cambiar as cousas? Que farías para vivir consonte as túas crenzas? Valo intentar dunha vez ou vas estoupar coma unha castaña?

In-gobernable é a campaña política dunha actriz. Unha soñadora rebelde que, cansa de apandar coas súas circunstancias, crea un partido político, a partir da súa historia persoal, para gobernar no seu espazo e facer do seu un mundo mellor. Coa axuda da man dereita chega a soltar todo o peso que leva enriba nun vómito romántico, anarquista e xeneroso.

Votarías por ela? Votarías polas súas ideas? Pénsao. Poderías ser ti. Polo de agora, convidámoste á festa In-gobernable

  • A partir de 16 anos
  • Teatro persoal, teatro documento, teatro político, dramedia
  • 80 minutos
  • Autoría Déborah Vukušić
  • Dirección Déborah Vukušić
  • Escenografía Laura Iglesias
    Borja Fernández Vázquez
  • Iluminación Violeta Martínez Rivera
  • Vestiario Reinita Castaña
  • Audiovisuais Carlota Mosquera
  • Elenco Antea Rodríguez Rial
    Uxía Morán

A compañía

A compañía nace desde a emerxencia cultural que vive a cidade de Ourense e co propósito de facer algo que chegue a todo o mundo; todo o mundo desta cidade, quero dicir, ou desta vila, ou aldea ou o que sexa isto, tanto estatal como mentalmente. Chegar a canta máis xente mellor. E decateime de que a forma máis efectiva era facéndoo desde a honestidade máis brutal, creando espectáculos como este primeiro, In-gobernable

Contratación

Uxía Morán González
637 341 122
uxgm@hotmail.com