Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Anfibia

La Guajira

Raquel Castro
Igrexa da Universidade

Anfibia é un só de danza que unifica voz, espazo sonoro e movemento nun acto militante do ser e o estar, de permanecer no aquí e o agora, ao encontro dunha natureza propia e distintiva, co corpo como testemuño. Anfibia inspírase no cambio, na capacidade humana de saberse adaptar ao territorio, poñendo en valor a vontade, a forza feminina, a fraxilidade e a beleza. Para adaptarse hai que ter valor, crear unha pel distinta, unha pel que respire, que che axude a fluír, a transitar. Adaptarse non é domesticarse; é a práctica de reencontrarse co teu propio ser e, alén do cambio e da muda, sentirse identificada contigo mesma. Cumprir co maior dos propósitos: seguir vivindo.

Anfibia foi seleccionado polo Colectivo RPM nos Cruceiros Paraíso 2023.

Co apoio do Museo de Belas Artes da Coruña, do Museo MIHL de Lugo e de Colectivo Glovo

  • Adulto
  • Danza contemporánea e performance
  • 25 minutos
  • Autoría Ana Beatriz Pérez "Betty"
  • Creación e interpretación Ana Beatriz Pérez "Betty"
  • Dirección Ana Beatriz Pérez "Betty"
  • Música Ismael Berdei
  • Vestiario La Guajira
  • Acompañamento na dirección escénica Ana Vallés
  • Acompañamento coreográfico Rut Balbís
  • Fotografía e vídeo promocional Raquel Castro
  • Produción e distribución La Guajira

A compañía

La Guajira é un proxecto artístico que xorde no ano 2023, formado por Ana Beatriz Pérez, Armando Martén e Ismael Berdei, tres artistas de ampla traxectoria profesional que converxen nun punto común: a expresión artística. Os tres son parte do tecido artístico e docente da Coruña e continúan cara a adiante impulsados polo desexo de descubrir outros camiños dentro da investigación e a creación.

La Guajira é a oportunidade de empezar un camiño novo, co sedimento que proporciona a experiencia e, á vez, coa visión actualizada dos novos tempos.

Contratación

Ana Beatriz Pérez Enríquez
650 681 556
laguajira523@gmail.com
www.laguajiradanza.com
Armando Martén Caballero
629 564 759
beaarmando@yahoo.es