Ir ao contido da páxina
  1. Programación

María Visitación Consolación Amadora

Loia Producións

Mario Herradón
Auditorio ABANCA

Da man de Mariña coñeceremos a María Visitación Consolación Amadora. Diante de nós, anacos da súa memoria, coma se se tratase de traxes, padróns, arranxos que fixo ao longo da súa vida. Con ela coñeceremos o mundo das costureiras, o que as rodeaba social e economicamente, como foi a súa transformación. Axiña descubriremos que detrás está Lola.

Este espectáculo está baseado en máis de corenta historias de vida de costureiras, maioritariamente recollidas no proxecto Corcosendo do Instituto de Estudos Ulloáns. Queriamos poñer o foco na figura da costureira como patrimonio inmaterial galego. Vai por elas.

  • Adulto
  • Teatro
  • 75 minutos
  • Autoría Paloma Lugilde
  • Dirección Paloma Lugilde
  • Elenco Aida Cobas
    Clara Tallón
    Miguel Varela
  • Adaptación Paloma Lugilde
  • Asesoramento lingüístico Rosa Moledo
  • Escenografía Paloma Lugilde
  • Iluminación Alfredo Sarille
  • Son Miguel Varela
    Paloma Lugilde
  • Vestiario Dánae Mariño
    Palimoco
  • Música Miguel Varela

A compañía

Loia Producións é unha compañía de nova creación que nace na comarca da Ulloa co fin de poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial dende o rural e co foco posto nas historias femininas silenciadas para axudar a visibilizalas.

Contratación

Aida Sánchez Expósito
626 645 875
loiaproducions@gmail.com
aidacobas.com