Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Os contos do Lobicán

Redrum Teatro

Álex Sampayo
Igrexa da Universidade

Premio ao mellor espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares e gañador do XV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2022, Os contos do Lobicán é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos, ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Infantil
  • Monicreques
  • 40 minutos
  • Autoría Eva Mejuto
  • Dirección Álex Sampayo
  • Elenco Victoria Pérez
    Guillermo Carbajo
  • Escenografía As Dúas e Punto
  • Iluminación Carlos Álvarez-Ossorio
  • Música Davide González
  • Ilustración Nuria Díaz

A compañía

Redrum Teatro somos unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación, apostamos pola creación de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como selo persoal da compañía e cunha clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.

Contratación

Guillermo Carbajo
617 334 627
redrumteatro@gmail.com
www.redrumteatro.com