Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Trïade

Colectivo Glovo

Hugo Pereira
Praza de Mazarelos

Trïade ten como punto de partida esa necesidade de xuntarse, vincularse e bailar, desde o coidado e a escoita, nun espazo feminino que procure unha xenealoxía feminina, unha orde simbólica persoal e independente, inspirado pola tríade lunar e a súa idea do eterno retorno: vida, morte e renacemento. Peza de curto formato para espazo non convencional con marcado carácter ritualesco e de culto ás devanceiras e ás raíces.

 

Co apoio de INAEM-Ministerio de Cultura-Gobierno de España, Danza a Escena, A Casa Vella de Allariz, L'Estruch-Fàbrica de creació de les arts en viu de Sabadell, residencias artísticas Dantzalabea do Teatro Barakaldo e Bienal de Arte Contemporânea de Trás-os-Montes, Macedo de Cavaleiros

  • Todos os públicos
  • Danza
  • 14 minutos
  • Dirección Esther Latorre
    Hugo Pereira
  • Coreografía Esther Latorre
  • Elenco Esther Latorre
    Sybila Gutiérrez
    Paula Serrano
  • Vestiario Adolfo Domínguez
  • Música Baiuca
    Mercedes Peón

A compañía

Somos Colectivo Glovo, unha compañía de danza galego-portuguesa con sede en Galicia, codirixida por Hugo Pereira e Esther Latorre. Desde a súa fundación, Colectivo Glovo percorreu diferentes países como España, Portugal, Italia, México, Costa Rica, Corea do Sur, entre outros. As súas pezas foron recoñecidas con diversos premios e mencións en festivais por toda Europa. Hugo e Esther exercen como bailaríns, directores e coreógrafos da compañía, acumulando ao longo da súa traxectoria importantes recoñecementos, bolsas e distincións. Son, ademais, os creadores e responsables do programa de residencias artísticas Atopémonos Bailando, que se desenvolve na cidade de Lugo.

Contratación