Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Ubasute

Berrobambán

Berrobambán
Salón Teatro

Ubasute é o texto máis recente da dramaturga Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Foi recoñecido pola revista Babelia como un dos cinco mellores textos editados en galego (Editorial Galaxia) en 2024. A peza é finalista na categoría de teatro dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025. Ubasute é un termo xaponés que significa, literalmente, “abandono dunha persoa anciá” e refírese ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado un parente vello ou enfermo. A nova proposta de Berrobambán conxuga xéneros e abre enigmas para colocar a atención na reflexión arredor do abandono.

Ubasute estreouse en marzo de 2025 na Casa da Cultura do Milladoiro, Ames.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Adolescente e adulto
  • Teatro
  • 60 minutos
  • Autoría Paula Carballeira
  • Dirección Vanesa Sotelo
  • Elenco Rocío González
    Xosé Barato
    Lez Cameselle
  • Escenografía Beatriz de Vega
    Chiqui Pereira
    Diego Castro
    M. P.
  • Iluminación Beatriz de Vega
    Chiqui Pereira
    Diego Castro
    M. P.
  • Son Nvelar
  • Vestiario Lola Armesto Lombardía
  • Música Nacho Sanz
  • Imaxe gráfica nadina gráfica
  • Gravación Míriam Rodríguez
  • Produción Chiqui Pereira

A compañía

Desde a súa creación no ano 2000, Berrobambán produciu máis de vinte espectáculos de teatro dirixidos a todo tipo de público. Hai uns anos a compañía deu un xiro ao seu modelo inicial de creación para apostar por novos elencos e linguaxes e ter a ollada posta na internacionalización. As últimas producións da compañía son Hai quen escolle os camiños máis longos (2023), dentro da triloxía do bosque, e Mulleres que viven soas (2024). En marzo de 2025 estreou Ubasute. Berrobambán tamén colabora puntualmente con editoriais como Edicións Positivas, Xerais ou Galaxia na publicación de textos teatrais, unidades didácticas e campañas de animación á lectura.

Contratación

Helena Capera-Urdime
604 019 213
helena@urdime.net
urdime.gal
Emi Candal-Urdime
619 920 335
emicandal@urdime.net