Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Un deus salvaxe

Talía Teatro

Fernando Fraga
Teatro Principal

Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver. Con este sinxelo argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e fai unha disección, con moito sentido do humor, das relacións de parella, da educación, da competitividade... pero, sobre todo, do exceso de corrección política.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Adulto, NRM 13 anos
  • Teatro
  • Autoría Yasmina Reza
  • Dirección Artur Trillo
  • Elenco María Ordóñez
    Dani Trillo
    Marta Lado
    Toño Casais
  • Adaptación Artur Trillo
  • Escenografía Dani Trillo
  • Iluminación Dani Trillo
  • Son Diego Rey
  • Vestiario Martina Cambeiro
  • Música Manu Abraldes

A compañía

Compañía teatral cunha traxectoria de máis de trinta anos que persegue a dignificación das artes escénicas como transmisoras dos nosos valores culturais. Conta cun equipo de traballo estable, dedicado á creación e distribución de espectáculos teatrais, á formación teatral e á produción de eventos culturais.

Talía Teatro dispón dunha grande oferta de espectáculos de diferentes formatos e temáticas e que atenden a distintos públicos. Espectáculos con selo propio, coidados artística e esteticamente e que definen un estilo e unha forma de facer teatro.

Contratación

Artur Trillo
630 877 153
info@taliateatro.gal
taliateatro.gal
Auri Ferreiro
683 127 724
info@taliateatro.gal
taliateatro.gal