Vitória
Iria Pinheiro

Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía característicos do cabaré.
Coprodución co Auditorio Municipal de Cangas e A Casa da Esquina (Coímbra) e co apoio da Câmara Municipal de Valença do Minho
- Adulto
- Teatro documental e cabaré
- 60 minutos
- Autoría Iria Pinheiro
-
Dirección
Susana Villaverde
Victoria Pérez
Salvador del Río
Iria Pinheiro -
Elenco
Victoria Pérez
Salvador del Río
Iria Pinheiro
- Escenografía Abalo&Pinheiro
- Iluminación Daniel Abalo
- Son Daniel Abalo
- Vestiario Atôla
-
Música
Mónica de Nut
DJ Concha
-
Apoio á dramaturxia
Vanesa Sotelo
Ricardo Correia - Axudante de dirección Susana Villaverde
A compañía
Iria Pinheiro é actriz e dramaturga. Como creadora investiga as posibilidades da palabra escénica, con diferentes formacións, desde 2009. En 2018 empeza a escribir e representar teatro documental co espectáculo Anatomía dunha serea, producido por Grupo Chévere, polo que recibiu en 2019 dous premios María Casares: mellor actriz e mellor texto orixinal, este último xunto coa poeta María Lado. En 2019 recibe o Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva pola súa traxectoria como actriz.