A derradeira leición do mestre
Grupo Chévere
No verán de 2024 comezamos a traballar nun novo proxecto de creación titulado A derradeira leición do mestre, que se estreará en febreiro de 2026 no Auditorio de Galicia, de Santiago de Compostela. O fío condutor do proxecto é o cadro de Castelao titulado A derradeira leición do mestre. E o punto de partida da nosa investigación é o acto institucional de recepción que se lle fixo ao cadro na Cidade da Cultura cando foi exposto por primeira vez en Galicia no ano 2018. Un detonante que nos servirá para abrir un diálogo sobre artes nacionais, identidades colectivas e psicopatoloxías da memoria.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais