Manual de patronaxe
Teatro do Noroeste
Manual de patronaxe é un texto de Nerea Brey, 18º Premio Abrente, da MIT de Ribadavia, dirixido por Clara Gayo, nunha produción de Eva Alonso, coa interpretación de Iolanda Muíños, María Roja e Susana Sampedro.
Este proxecto presenta a nova liña creativa de Teatro do Noroeste. Obra de autoficción na que a personaxe da escritora busca descubrir a súa identidade, nese momento vital no que camiñamos cara á persoa que queremos ser. Nas lembranzas da nena que foi, descobre que a súa avoa modista foi un verdadeiro modelo feminista. Unha peza aberta e flexible que abre un suxestivo diálogo interxeracional. Unha reivindicación deses momentos que, pasando desapercibidos, son o bordado da nosa vida.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Contacto
636 397 722
eva@teatrodonoroeste.com
www.teatrodonoroeste.com Melina Regueira
633 909 484
distribucion@teatrodonoroeste.com
www.teatrodonoroeste.com