Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Xoguetes rotos

Barrosanta e ButacaZero

Segundo espectáculo de Barrosanta, neste caso en coprodución con ButacaZero. Un texto de Carolina Román adaptado e traducido por Esther Carrodeguas e Roberto Pascual e dirixido por Xavier Castiñeira.

Xoguetes rotos narra a historia de Mario, un mozo que traballa como oficinista en Vigo e que grazas á súa amiga Dorín, unha transexual do mundo do espectáculo, asumirá ser en público quen descobre ser para si mesmo: unha muller. Unha viaxe de autocoñecemento e autoafirmación que acontece á vista do público, facendo un repaso polas súas lembranzas persoais, dende a infancia na súa aldea ourensá até a madurez no Vigo industrial dos 70.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto

Anxo Outumuro Abad
669 029 556
anxooutumuro@gmail.com